O pasado venres, 6 de novembro, os de 3º e 4º da ESO visitamos o monte do Facho, promontorio senlleiro do Morrazo, onde puidemos ver como van as excavacións do castro iniciadas alá polo ano 2003. Deixamos nesta entrada as primeiras imaxes desta microviaxe no tempo. Agardo que alén das vistas aparezan algunhas do vello castro galaico, das pedras labradas e do santuario romano. O camiño de acceso á coroa do castro está preciosamente empedrado e máis que unha calzada é unha pista romana, ou así nolo contaron.
imaxe da pista empedrada de acceso
vista panorámica do Castro de Donón, no monte do Facho
Ningún comentario:
Publicar un comentario
veña, dálle!