sábado, 13 de xuño de 2015

CESTOS 2015





O obradoiro de reciclaxe desenvolve una actividade continua ao longo do curso, que ten como obxectivo prioritario o fomento do galego oral. No vídeo saen tres alumnos de 1ºC que nos explican tres fases na confección dun cesto: enrolado do papel, montaxe e endurecemento do material. Teriamos moitos outros temas de que falar: os tipos de cestos, os diferentes modos de empezar e rematar, as tinxiduras e as pinturas, outros materiais reciclados, os cestos vexetais.....
Este pequeño curso de oralidade só foi impartido a un grupo de vinte  rapaces nunha hora de atención educativa. Cumprirían máis grupos e máis pequenos. Será algún día iso viable?


 RESISTENCIA!

15 comentarios:

  1. NICK: YMMOT.
    Este curso, nunha hora de atención educativa, estivemos facendo cestos nunha habitación que se chama obradoiro, onde aproveitamos papel de xornal para facer rulos, cos que elaboramos cestos. Esta actividade a empezamos facendo rulos coa metade dunha folla de papel de xornal reciclado, logo tivemos que empatar os rulos e facer a base do cesto. Unha vez rematada a base, subimos cos rulos para poñerlle as paredes ao cesto. Cando queremos parar de continuar facendo a parede, facemos o remate do cesto. Unha vez rematado, pintámolo cunha mestura de cola branca con pintura da cor que queiras. Logo o deixas secar e xa tés o teu propio cesto.

    Este vídeo resume ben o que fixemos ao longo deste curso nesta actividade, aínda que a imaxe e o video da xente dicindo como facer un rulo ou un cesto, era un pouco de mala calidade. A música é relaxante e adáptase ben ás condicións de traballo que se deberían ter nun obradoiro.

    Este pequeno curso de cestería que recibimos este ano gustoume moito, porque nunca fixera cestos, e ao velos nas tendas tampouco pensaba que fosen tan duros e resistentes. Espero que o vindeiro ano teñamos unha actividade tan amena e entretida!

    ResponderEliminar
  2. NICK: YLIME
    Esta actividade gustoume especialmente, xa que encántanme as manualidades e
    a arte. Tamén me gustou porque non é só pándega tamén é respetuosa co
    medio ambiente. Ademais de reciclar papel decoras a casa con preciosos cestos
    ou incluso podes facer bandexas, lapiceiros, fundas para xarróns e ata pequenas
    banquetas. Se mesturas a pintura con moita cola pode quedarche tan duro
    que ata podes brincar enriba da peza construida! Os cestos todos quedaron
    fermosos, hai moitos e de diferentes formas, tamaños e deseños.

    A montaxe deste video pareceume boa. Gustoume a captación da luz do obradoiro
    e a música de fondo penso que caracteriza ben a actividade ainda que hai detalles
    mellorables. Por exemplo, cando explica como se fai un cesto en tres videos
    diferentes, cando miro o segundo xa me esquecín das explicacións do primeiro.
    Igual estaría mellor amosar un video dun paso do proceso de elaboración
    dos cestos e deseguido unhas poucas imaxes dese paso.

    Gustaríame que actividades similares a esta se repetiran no vindeiro curso.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Si, parece que a palabra reciclaxe se enche de pleno contido no noso obradoiro. Fas ben en enumerar a cantidade de obxectos útiles que se poden elaborar facendo rolos con papel de xornal, ou calquera outro material que tiramos habitualmente ao lixo, a lista é inacabable. Sobre a fortalexa dos cestos, poño a foto con Tomi enriba do cesto de Andrés, é sorprendente!
      As explicacións de Fareed, Silvia e Andrés teñen como obxectivo adestrar o galego oral, comunicar o que aprendemos nun idioma que non estades habituados a utilizar na vosa vida cotiá, iso é todo polo de agora. O ano que vén tentaremos facer un vídeo didáctico sobre cestería tal e como ti suxires.
      Para o curso que vén, desexamos e agardamos poder ofertar o obradoiro unha tarde á semana.
      Un saúdo e moitas grazas por comunicarnos as túas ideas.

      Eliminar
  3. .O que opino desta actividade é que se necesita máis tempo e mesmo un pouco máis de espazo, porque somos moita xente. Aínda así, eu creo que está bastante ben organizado. Os cestos son unha actividade moi divertida, para min a parte máis difícil é facer os rulos dobres, facer o comezo e o final.
    Hai varios tipos de cestos: uns moi grandes, como o que fixo un neno de segundo, e outros máis pequeniños, aínda que todos requiren traballo e esforzo.


    Fernando

    ResponderEliminar
  4. Fernando, tirei o teu comentario do tirarrollas e púxeno aquí, este é o vídeo que querías comentar, non si?
    Estou de acordo coas túas observacións sobre o espazo e o tempo limitados. Unha destreza manual hai que exercitala con calma e con continuidade, do contrario acabas aburríndote a medio camiño. Un saúdo!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. NICK: AIVLIS.

      A actividade do obradoiro non ma esperaba para nada, cando nos dixeron que íamos facer cestos quedeime algo confusa. Pois na miña vida probara a facer un! Pero pouco a pouco íase facendo máis doado. Conseguir que un rulo me quedara ben levoume moitísimo tempo, pero pasiño a pasiño fun mellorando.
      Penso que ademais de espazo e tempo tamén estaría ben ter outra mestra máis; pois somos 21 alumnos e só unha persoa para axudarnos.

      O vídeo está moi ben, porque ensina todo o traballo que fixemos, e ademais a música vaille xenial, porque é relaxante e lembras todo o proceso que tiveches que facer para ver o teu cesto rematado.

      Eu conseguín acabar o meu, pinteino cunha cor moi bonita e luminosa. Estaba comezando o segundo pero non deume tempo de acabalo, porque como xa dixen só hai unha mestra. Pero estou moi contenta, porque este ano aprendín a facer algo novo!

      Eliminar
    2. Saúdos, Silvia. Saíches moi ben na peli, moi natural. E o teu cesto quedou precioso. Agardo que non sexa o último. Xa sabes, cando te aburras..... a facer rolos e a experimentar con eles, hai moitas ideas na rede.

      Eliminar
  5. Esta actividade resultoume bastante entretida. Aínda que ao principio tardas moito en elaborar os rulos, interesoume porque non é moi complicada de facer (basta con aprender os pasos e aplicalos), e porque o resultado é bastante bonito. Ademáis, gústame a idea de poder "moldear" e pintar o cesto coma queiras, xa que desa forma ninguén ten un coma o teu.

    O vídeo está ben, aínda que queda un pouco longo. Eu creo que non estaría mal quitar algunhas imaxes que son practicamente iguais, para facelo máis ameno. A música non me gustou especialmente, pero encaixa perfectamente co traballo do obradoiro. Atopo moi ben que haxa unha parte na que falen os meus compañeiros/as porque a explicación é mellor escoitala que lela, e porque non creo que haxa nadie mellor para mostrala ca nós, xa que estivemos alí todos os luns do curso.

    Querería poder facer esta, ou unha actividade similar, o ano que ben, porque é unha hora á semana que aproveitamos para facer algo divertido.

    Ariadna

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. NICK:NADGOB

      Pois este curso fixemos unha actividade diferente a dos anos anteriores, foi a primeira vez na miña vida que fago unha actividade coma ésta. Aproveitando o papel de xornal fixemos rulos que os empatas e os ligas ata que te sae un cesto e logo o pintas coa cor que queiras, pero claramente todo isto leva tempo. Esta actividade non foi moi dificíl aínda que tes que darlle interés se non non fas nada. E claramente todo este proceso o fas coa axuda da profesora que para ésta actividade foi Rosa a profesora de galego que ela tiña moita experiencia en isto. Se digo a verdade a min esta actividade non se me daba moi ben porque os rulos saíronme un pouco amorfos pero ao final casi consigo acabar o meu cesto. En fin esta actividade e moi entretida e boa e aún por encima aproveitamos unha hora que non facíamos nada importante e reciclamos os xornais.


      Pois que decir sobre o video...mmm pois pareceume moi bó ! a música do video encantame e as fotografías están ben aínda que penso que hai demasiadas imaxes case iguais enton eu non as poñia,quitábaas. Pareceume moi ben que os meus compañeiros explicasen todo o proceso para facer un cesto, o fixeron moi ben. Pois iso o video está casi perfecto so faltaríalle quitarlle esas imaxes casi iguais por que non ten sentido poñer moitas imaxes case iguais.Espero que no próximo curso fagamos una actividade como esta aínda que non creo que a fagamos. Esta actividade de verdade molou moito !
      nadgob.

      Eliminar
  6. Esta actividade é moi boa e divertida. Aprendes a facer rulos e logo o cesto, ao principio non é nada fácil pero cando vai pasando o tempo vaste acostumbrando á facelos. Eu creo que esta actividade facilita o galego oral, que falamos no obradoiro e axúdanos tamén a reciclar papel de xornal, tamén creo que debería estar implantada unha hora máis a semana para que todos poidan terminar o seu cesto é pintalo. Tamén estaría ben unha clase a semana especialmente para a practica do galego oral.

    Solrac

    ResponderEliminar
  7. NICK: SENI
    A min esta actividade de cestería gustoume moito, porque aparte de que eu adoro facer manualidades foi moi entretida e unha vez que te acostumas a facer rulos ou a montar o cesto e moi sinxelo.
    Aínda que a verdade e que a min non me deu tempo a rematar o cesto, porque como ben di Silvia unha soa mestra para vinte un alumnos non e moito, ela soamente ten dúas mans e non nos pode explicar a todos ao mesmo tempo, entón cada un ten que esperar ao seu turno e iso pode tardar moito porque explicar non e tan sinxelo como parece, aínda que mentres que non che poida axudar a mestra podes ir adiantando traballo, como seguir facendo rulos (por si os que tes non son os suficientes).
    E se a alguén non lle dera tempo rematar o cesto (coma eu) aínda esta a tempo, porque o obradoiro esta aberto nos recreos e podelo rematar durante os vinte minutos que temos de recreo, así poderalo levar a casa:)
    O vídeo esta moi ben, os nosos compañeiros explican moi ben os sucesos que tes que seguir para poder obter un bonito e eficaz cesto, e a min tamén me gustaría moitísimo repetir esta actividade o vindeiro curso.

    ResponderEliminar
  8. NICK: SEVEN
    Esta actividade pareceume moi interesante e divertida. Aparte de que aprendemos a facer cestos tamén practicamos o galego oral que é moi importante para que o idioma permanezca vivo. O que máis sorprendeume foi que todo co que traballamos é reciclado e algúns dos colores cos que pintamos o cesto son completamente naturales. Creo que deberían poner unha hora a semana específicamente para iso.

    ResponderEliminar
  9. Á actividade en xeral gustoume bastante, ao principio cando empezamos a facer os rulos a min dábaseme ben é despois cando empezamos coa montaxe complicouse a cosa porque tiña que empatar os rulos, e o cesto o deixei moi froxo. A idea pareceume entretida xa que os luns despois de ter cinco horas de clase temos o obradoiro e desconectas dos estudos e centraste nos cestos, eu optei por facer o meu cesto demasiado grande e non me deu tempo a rematalo. Cando fixemos o vídeo na clase gustoume moito, xa que me pareceu moi entretido e divertido.
    Temos que darlle as grazas a profesora de galego xa que coa sua materia foi ca única que baixamos ao obradoiro e tivo moita paciencia con nós, pois non era tarea doada ensinarnos dende cero a facer os cestos.
    Fixo un bó traballo.

    Aícul

    ResponderEliminar
  10. A min pareceume una actividade moi boa e fácil de ensinar para á mestra e fácil de aprender para os nenos e nenas aunque eu non acabei o meu cesto gustoume moito a actividade e divertida, o que penso e que unha vez por semana e pouco tempo, pero vín a outros nenos que fixeron rápido o séu cesto. O que menos me gustó foi facer os rulos porque me saian mal. Necesitas para facer ben o cesto traballo .
    NAVI

    ResponderEliminar
  11. Nunca antes participara nun obradoiro de reciclaxe e a cestería resultou ser para min moi interesante e entretida.
    No vídeo podemos ver o traballo de aprendizaxe realizado por todos nós durante o ano, e aínda que ao principio parecíame unha actividade moi complicada ( por exemplo a base ), pouco a pouco foi gustándome cada vez máis.
    Gustaríame que o próximo curso houbera algún tipo de obradoiro similar a este e tamén poder adicarlle máis tempo.
    Nitram.

    ResponderEliminar

veña, dálle!