Este curso 2015-16 introducimos novidades no obradoiro de reciclaxe: empezamos a converter as bolsas de plástico de todas as cores en novelos de fío para tecer a crochet cestiños, flores, mandalas e o que se nos vaia ocorrendo. Hai abundancia de materia prima e o resultado é espectacular!
flor de cinco puntas
Patrón de flor africana de oito puntas enmarcada nun cadrado.
Unha vez que se comprende, pódese facer de cinco, seis, sete ou nove puntas
Paso a paso e volta a volta pódese tecer un mandala.
Os mandalas teñen patróns xeométricos como os rosetóns do románico e do gótico.
Feitos con fío de plástico (reciclando bolsas) cando se poñen a trasluz dan un efecto moi semellante aos vidros de colores. Todo un desafío!
mandala de plástico a trasluz
ENCÁNTAME TODO O QUE FACEDES . E MÁIS CANDO HAI UNHA POETA LEVANDO O BLOG .QUEREMOS MÁIS.
ResponderEliminarBiQUIÑOS E A CURRAR CURRIÑOS .