mércores, 29 de abril de 2015
TRECE BADALADAS
O martes, 28 de abril, alumnado de 3º e 4º da ESO participou nunha actividade ofertada polo concello que vira en torno ao cinema e a literatura.
A novela de Suso de Toro Trece badaladas foi levada ao cine con máis ou menos variacións no guión, e cunha maxistral interpretación de Luís Tosar. Á final da proxeción houbo un pequeno coloquio en que participaron alumnos e profesores acompañantes
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O que maís me gustou foi ese ambiente de terror e misterio ao descoñecer a morte do pai e o por qué deses sucesos paranormais.
ResponderEliminarO que menos me gustou foi na miña opinión o papel sobreactuado de Elvira Mínguez.
Cómpre salientar o traballo de Diego Boto e Rosa Álvarez, esta última cun papel non moi relevante de pero moi sentido e ,na miña opinión, realista trasmitindo os sentimentos entre eles.
Valoración: Daríalle un oito sobre 10 xa que me pareceu unha obra moi boa e das mellores que vin en galego.
Diego
O que menos me gustou de 'Trece badaladas' foi a tecnoloxía empregada, xunto co predecible que resulta a película.
ResponderEliminarRespecto ó primeiro motivo, as imaxes parecían vellas, antigas; non eran totalmente nítidas. O que máis me sorprendeu foi o mal gravada que estaba a escena na que Marta Etura e Diego Boto van xuntos nun coche. Víase o molesto reflexo do cristal e os planos cambiaban moi rapidamente.
Tamén resulta predecible a historia; era evidente que o fillo herdara a esquizofrenia de súa nai, e que a ameazadora presenza do seu pai non era máis que un delirio do rapaz.
Supoño que o que máis me gustou foi o suspense , aínda que esvaeceus
pronto cando a fin da película se foi facendo cada vez máis evidente.
Gustoume cando case se suicida.
O rol que máis me chamou a atención foi o levado por Elvira Mínguez; fixo o papel de tola moi ben, dun xeito moi realista. Para min foi o mellor.
Non disfrutei demasiado a película porque sentía como se xa me tivesen contado todo o ocorrido nela. Doulle un catro.
-SexyLA
Non se parece case en nada a película a novela,o único que é parecido é a enfermidade de Xacobe.Pero por exemplo na película él é escultor e no libro director,na película a nai vive ata o final,na novela os seus pais morren nun acidente,na película él oe e ve o seu pai porque cando sea pequeno o matou,na novela ve o seu titor porque foi o que matou os seus pais.
ResponderEliminar-Vivi.
Sinceraménte, gustame máis a película xa que no libro o personaxe de Xacobe non me convence como é , paréceme un pouco atordoado . Respecto a novela ,o final é un pouco difícil de entender, de feito , eu non fun capaz.
ResponderEliminarTampouco me gustou moito as partes sobre a cofradía xa que se facían aburridas. A película pareceume moito máis entretida e cun pouco máis de movemento co libro, pero se tivese que lle dar unha nota ao libro , daríalle un 6 e a película un 8.
-Nal