Fixemos a colleita dos ravos botados no outono. Xa hai tempo que están e hoxe tocoulles. Paga a pena buscar información sobre os beneficios desta plantiña, follas incluídas. Son innumerables.
Tamén apañamos as escarolas. As de folla fina e verde clariña, mercáronse os plantóns na feira de Valença. As de folla ancha e verde escura naceron ventureiras das plantas que deixamos o curso pasado. Se todo vai ben, volveremos deixar algún exemplar para que se espallen pola horta.
empezan a florecer os bulbos do socalco de bloques TULIPÁNS |
así están as escarolas do palé
|
ravos e escarolas |
Bo proveito!