venres, 16 de marzo de 2018

Entre ravos e escarolas, o mellor do temporal





Fixemos a colleita dos ravos botados no outono. Xa hai tempo que están e hoxe tocoulles. Paga a pena buscar información sobre os beneficios desta plantiña, follas incluídas. Son innumerables.

Tamén apañamos as escarolas. As de folla fina e verde clariña, mercáronse os plantóns na feira de Valença. As de folla ancha e verde escura naceron ventureiras das plantas que deixamos o curso pasado. Se todo vai ben, volveremos deixar algún exemplar para que se espallen  pola horta.

empezan a florecer os bulbos do socalco de bloques
TULIPÁNS

así están as escarolas do palé


e así estaban en novembro cando as rescatamos entre a herba da espiral








ravos e escarolas



                                                                  Bo proveito!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

veña, dálle!