 |
| Colleitamos as cabazas |
 |
| Moitas cabazas empezaron a podrecer, entón empezamos a colgalas |
 |
| e descubrimos unha maneira ecolóxica de ambientar o nadal |
 |
| tamén descubrimos unha árbore de vimbios que podía dar planetas |
 |
| e naceunos unha galaxia cabácica |
 |
| Como ía calor e moito sol empezaron a agromar as pepas de aguacate e os chícharos |
 |
| e montamos unha sementeira con sementes que quedaran |
 |
| Tamén descubrimos que tiñamos unha horta con vistas |
 |
| Estrenamos material novo: carreta, sachos, ranqueiros, gallas |
 |
| Nesta zona hai grandes manchos de violetas salvaxes |
 |
| Estamos rodeados de robinias e silvas, así que temos unha comisión permanente que as mantén a raia |
 |
| plantamos un erbedo |
 |
| e unha nogueira |
 |
| allos |
 |
| instalamos unha composteira de plástico reciclado |
 |
| clareamos a selva |
 |
apañamos toda a madeira morta
|
 |
| comezamos a montaxe dunha espiral de plantas aromáticas |
 |
a carón do xardín circular que rodea a maceira
|
 |
| cartaz con debuxos dè plantas aromáticas en latín, galego e castelán |
 |
| descubrimos un método caseiro eficaz paea facer carteis que resistan a intemperie |
 |
| empezamos a estudar o arboredo, aquí os vellos choróns da entrada |
 |
| a carón do pavillón medran estes esveltos xenebreiros |
Todo este labor sérvenos de posta en práctica a tempo real de todo o que imos aprendendo na aula de galego con respecto ao léxico da vexetación e da terra: aves, arbustos, árbores, plantas medicinais, flores, froitas, alimentos, bosques, ríos, a beiramar, as rías.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
veña, dálle!