xoves, 18 de decembro de 2014

SORTEO DA CESTA DE NADAL E MOITOS DOCES SOLIDARIOS

nº gañador 27





 Celebramos o sorteo da cesta  ecolóxica de nadal no obradoiro de reciclaxe o xoves, 18 de decembro. A cesta está realizada en papel de xornal e enchémola con alimentos de cultivo ecolóxico: cabaza da horta, noces e abelás do país, mel artesán, marmelada de moras, crema de castañas confitadas e un agasallo sorpresa. A piña ou ananás non é autóctona , nin da casa, pero estamos seguras que ben madura, saberá do mellor. A decoración da cesta está feita cunha sinxelas follas de ginko , edra e unha poliña de sorbeira.
 Parabéns a Naira, de 1º da ESO e grazas a tod@s pola vosa participación!







Onte, mércores, 17 de decembro, enchemos a entrada do insti con doces solidarios. As familias volcáronse participando masivamente con aportación riquísimas e o alumnado de diversificación encargouse de organizalo todo marabillosamente, moi ben capitaneados por Maite. Parabéns a toda a comunidade educativa por esta doce iniciativa solidaria. A recaudación será doada a Aldeas Infantís da bisbarra de Vigo.





martes, 9 de decembro de 2014

Improvisación en sacho menor



Todo espontáneo, todo auténtico e todo verídico. Austine amosounos a súa facilidade para executar música con calquera instrumento. Moito sentido do ritmo e un gran exercicio de adecuación. Encántanos!

xoves, 4 de decembro de 2014

Os labores na horta. Outono 2014

Colleitamos as cabazas





Moitas cabazas empezaron a podrecer, entón empezamos a colgalas

e descubrimos unha maneira ecolóxica de ambientar o nadal

tamén descubrimos unha árbore de vimbios que podía dar planetas

e naceunos unha galaxia cabácica




Como ía calor e moito sol empezaron a agromar as pepas de aguacate e os chícharos


e montamos unha sementeira con sementes que quedaran

Tamén descubrimos que tiñamos unha horta con vistas

Estrenamos material novo: carreta, sachos, ranqueiros, gallas





Nesta zona hai grandes manchos de violetas salvaxes



Estamos rodeados de robinias e silvas, así que temos unha comisión permanente que as mantén a raia
 

plantamos un erbedo

e unha nogueira

allos


instalamos unha composteira de plástico reciclado

clareamos a selva

apañamos toda a madeira morta



comezamos a montaxe dunha espiral de plantas aromáticas

a carón do xardín circular que rodea a maceira



cartaz con debuxos dè plantas aromáticas en latín, galego e castelán



descubrimos un método caseiro eficaz paea facer carteis que resistan a intemperie


empezamos a estudar o arboredo, aquí os vellos choróns da entrada



a carón do pavillón medran estes esveltos xenebreiros


Todo este labor sérvenos de posta en práctica a tempo real de todo o que imos aprendendo na aula de galego con respecto ao léxico da vexetación e da terra: aves, arbustos, árbores, plantas medicinais, flores, froitas, alimentos, bosques, ríos, a beiramar, as rías.