sábado, 24 de xuño de 2017

Unha ducia de cestos










A colleita / follas soltas dun diario da horta

1/6/2017
Remexemos a terra do socalco, regamos, botámoslle moita auga con xabón aos allos e as caléndulas, tiven que quitar una caléndula que a semana pasada estaba moi bonita porque estaba seca e marchita, o pulgón a matara, tiña os talos cheos de pulgón. Tireina fora do socalco. Buscamos todos os sachos repartidos pola horta, mentres Rosa regaba as cabazas. Sofía levou unha leituga que estaba grande, así hai máis espazo no socalco; as escarolas tamén poderíanse levar xa, están grandes, e as remolachas medraron moito, xa están repletas de follas de un dedo e medio de largo.








18/5/2017
Poucos nenos traballaron hoxe na horta, porque Rosa os castigou por non levar a tarefa, pero o resto estivemos coidando do socalco, e Sofía, Lucía e mais eu arrincamos patacas; para arrincar a planta da pataca tiñamos que seguir estes pasos:

  1. Arrincamos coa man as malas herbas que rodean á planta.
  2. Coa parte dos dentes do sacho pequeno peiteamos ó redor do talo.
  3. Collemos a planta con coidado polo talo e tiramos a modo ata sacala do chan.
  4. Quitamos a terra que rodea a pataca nai e esta gardámola para volvela a plantar.
  5. Coa parte de punta do sacho removemos con coidado a terra collendo as patacas.

Primeiro Rosa explicoulle a Lucía os pasos anteriores, mentres Lucía poñíaos en práctica; logo Lucía explicoumos a min e eu facía o que me dicía; e por último eu expliqueille a Sofía o que tiña que facer e Sofía seguía os meus pasos, (aínda que despois de Sofía, Lucía repetiu).
Despois disto Rosa deixounos ir ós nosos socalcos para remexer a terra e regar, pero explicounos que non podiamos botarlles máis auga porque había pouco que chovera e as plantas afogarían, e ensinounos unhas remolachas murchas do socalco que está a carón do de Laura.

E non deu tempo a máis.















3/11/16
Hoxe plantamos 6 leitugas que trouxen da miña aldea (Quiroga, Lugo); pirixel que trouxo Darío; allos que trouxemos todos bastantes cabezas e unha cebola:

  • As leitugas:
Trouxen da horta dos meus avós 6 leitugas pequenas, que non debían medir máis ca un dedo meu, pero cando fomos plantalas Rosa díxonos que tiñamos que sacar os terróns de terra coas mans, fíxeno eu e como era a 1º vez que o facía e as miñas luvas quédanme un pouco grandes, esnaquiceinas un pouco.

  • O pirixel:
Darío trouxo en papel albal unhas ramiñas de pirixel, e nos preguntámoslle a Pablo (o profesor de bioloxía) como había que plantalo, porque non sabíamos; pero ó momento de poñer en práctica o que nos dixera, saíunos fatal, botaron moi poucas ramas de pirixel, o mellor botaron so 5-6 nun burato moi ancho que cavaron nun recuncho do bbancal. Non creo que medre.

  • Os allos:
Os allos creo que os plantamos ben porque deixamos unha cuarta entre allo e allo, pero dános a sensación de que son demasiados, posto que hai 3 ringleiras en horizontal con 5 allos en ringleiras verticais.


  • A cebola:
Mario trouxo a cebola, pero só trouxo unha e o peor é que era unha cebola comprada xa grande, co cal fixemos coma no vídeo que vimos, cavamos un burato na terra, non moi profundo e metemos a cebola dentro, logo tapamos o burato e procuramos non apertar moi forte a terra para que medre facilmente. Sen embargo, os meus pais din que a cebola o que vai facer agora vai ser, botar raíces e para o mes de maio, dará as sementes; pero nós non queremos ter as sementes para maio, porque senón, as cebolas nacen para agosto e non nos interesa telas para esa época porque ninguén pode ir a recollelas.







plantas de cártamo






flores de escarola






cabaza





os boniatos prenderon


luns, 5 de xuño de 2017

Progresos na horta do ROU dos cultivos de orixe americana



CEIBO







LIQUIDÁMBAR






CHAIOTE




CABACIÑA (calabacín)





RODAS DE CABAZAS




DON DIEGO DE NOITE




AGUACATEIRO




TOMATEIRA







 FEIXÓN




PEMENTO





CHÍA




TAGETES




IPOMEA BRANCA(espontánea)




PATACA 





CEIBIÑOS




UVA DE RATO (espontánea)







SOCALCO DA HORTA AMERICANA





ACACIA ESPIÑENTA(espontánea)




COMANDO ECOLÓXICO DO URUGUAI
(APAÑANDO OS ALLOS)