venres, 27 de xaneiro de 2017

Arcimboldo ou a realidade múltiple dun cesto reversible













Procurando imaxes de cestos renacentistas demos coas propostas delirantes de Giussepe Arcimboldo, pintor do século XVI  do que  extraeron moita inspiración os  surrealistas franceses.

Neste cadro resumimos as tres grandes liñas de actuación do noso proxecto de dinamización do galego para este ano 2017:

  1. A horta, centrámonos nos cultivos que viñeron de América. Dámoslle continuidade á espiral de aromáticas e ao socalco de flores ornamentais.
  2. Os cestos elaborados con papel de xornal no Obradoiro de reciclaxe. O reto é conseguir facer en papel o cestiño deste cadro.
  3. Colaboración co proxecto plurianual da Biblioteca: O libro nos camiños da cultura, O Renacemento. De todos os factores históricos que confluíron para dar lugar ao que se dá en chamar o Renacemento europeo, nós centrarémonos na gran aportación do continente americano á vella e esfameada Europa: patacas, millo, cabazas, tomates, feixóns, cacao, tabaco. Aproveitaremos para facer cultivos experimentais de chía, quinoa e yuca. O ceibo xa o temos medrado, o aguacateiro xa enraizou e hai pouco plantamos unha freixoeira. Probaremos a xermolar sementes de mango. E buscaremos información e sementes de flores americanas.
Bo proveito!