mércores, 30 de marzo de 2016

Obradoiro de reciclaxe: a plástica do plástico

A principal novidade deste curso 2015-16 no obradoiro de reciclaxe é o uso de bolsas de plástico recicladas en forma de fío para tecer. Aprendemos a conseguir un novelo de fío continuo de cada bolsa. Desenvolvendo esta habilidade chegou o nadal e na fase pre-novelo empezamos a montar unha árbore con futuro





Despois viñeron os primeiros novelos de colores e empezamos a ganchillar con eles unhas flores de plástico moi chulas seguindo algúns dos patróns que apareceron na rede








con diferentes patróns e variando as cores e as texturas do plástico conseguimos varios modelos que enganchamos nun feixe de vimbios para acompañar as cantigas de amigo contemporáneas que fixeron os de 3º