Imaxes tomadas a principios de outono. Houbo que apañar as cabazas para poñelas a curar ao sol e ao vento. Empezamos a segar a herba pero paramos en seco cando se decidiu fresar todo o terreo para arrincar as raíces de robinia que invaden a horta.
Despois da limpeza mecánica, empezamos a construción de socalcos para os de primeiro e reconstruímos a espiral con pedras extraídas da sachada