O socalco de bloques está a rebentar de formas e cores. Un auténtico cadro vivo. Xa abriron os lirios ou flores de lis. Paga a pena acercarse e ollar os pétalos cunha lupa, hai unha explosión cromática única. Esta é unha variedade de xardín, da familia das iridiáceas, que poder florecer na gama das azuis, lilas, brancas ou amarelas.
Esta é unha variedade salvaxe que medra espontánea e ventureira en terreos húmidos e sombrizos. Chámanlle Iris pseudacorus. En Galiza coñécese como lirio amarelo e medra abundantemente en terreos asolagados por ríos, regatos e regueiros. E como nós estamos no país dos mil ríos, é doado atopala en primavera no seu hábitat.
Tamén plantamos bulbos nun dos xardíns interiores ao que se accede polo obradoiro, e estes tamén floreceron no medio do prado.
A combinación cromática lila+amarela era moi estimada por Van Gogh,
posiblemente reparou nela observando os manchos de lirios azuis e
morados nos xardíns campesiños da Provenza.
http://es.wikipedia.org/wiki/Lirios_(Van_Gogh)
E aquí deixamos un deseño baseado na flor de lis que foi moi utilizado na heráldica europea, sobre todo na francesa. Non é fermoso?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
veña, dálle!