versión en vídeo do guión teatral: O afundimento do Chichanik
Esta entrada temos vontade de adicarlla a todo o alumnado que se sente atraído pola representación teatral en calquera das súas formas. Como di a canción a vida é puro teatro e non hai motivo ningún para non disfrutalo en todo o seu potencial. Os de 1º da eso inventaron uns pequenos guións a partir dos cales se foi deseñando a posta en escena: escenario, decorados, vestiario, perruquería, maquillaxe, sons, expresión corporal, etc. No vídeo recóllese só un destes diálagos representados con fondo de pantalla na biblioteca. Hai aínda outros tres máis que non deu tempo converter en fotogramas; deles destaca O gran concurso, que vai con baile sincronizado, música de agora, diálogos na máis pura ironía galaica e atrezzo de rachar coa pana, queda en espera para o curso que vén.
Dou fé que os máis pequenos se apuntan ao que faga falta e están dispostos a experimentar con todos os medios ao seu alcance. Este ano fixeron alén de guións teatrais, poesía automática, coplas, regueifas, retratos fantásticos, menús espaciais, e todo tipo de inventos lingüísticos, amosando así unha gran versatilidade compositora. Queremos felicitalos a todos pola súa magnífica colaboración e desexarlles moitas aventuras intrépidas cando se aventuren no territorio encantado do noso idioma.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
veña, dálle!