venres, 1 de decembro de 2017

Unha roda de caléndulas



Na última semana de novembro

  • Transplantamos caléndulas
  • Desbicaron os allos
  • Agromaron os guisantes á calor dun neumático
  • Limpamos a horta americana para convertela nunha pataqueira



bico de allo
campiño de allos


sementeira de chícharos

xermolo de chícharo





limpeza da horta americana


miñoca, lombriga




as plantas das cabazas resisten aínda verdes

escarolas e cebolas

Escaroliñas ventureiras nacidas ao abeiro da espiral

Boldo da  India, unha menta xigante excelente depuradora do fígado









22 comentarios:

  1. Imos abrir unha roda de opinións sobre a horta do ROU. Aproveitamos para cultivar tamén a boa escritura. Poucas faltas!

    ResponderEliminar
  2. A primeira impresión foi boa pero agora está mellor. Tras o verán,a horta quedara un pouco descoidada, pero agora esta bastante ben . Traballamos moito cos sachos,os palés e arrincamos herbas bravas. Pero aínda non cultivamos. Gustame a horta. Faiseme unha hora amena, sí, vai moita calor cando da o spl.Mesmome plantexo cultivar na miña casa. NAARA GOZÁLEZ 1-A

    ResponderEliminar
  3. A min gústame moito a horta porque é un lugar distinto dos demais.
    O que máis me gusta da horta é que estamos ao aire libre e en compañía das árbores, herbas e flores.
    O que menos me gusta é que so estamos corenta minutos.
    Eu adicaría á horta dúas horas seguidas para que poidamos facer máis cousas. Nurah Ahmed 1-A

    ResponderEliminar
  4. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  5. Eu son de primeiro da eso, e opiño que estar na horta é moi divertido;Facemos cousas diferentes ao resto das clases.Coidamosla moito entre todos, xa que cada grupo de alumnos fai varias tarefas para mantela sempre limpa e ordenada.
    Unha vez terminada a hora, de vez en cando regálannos o recolleitado para agradecer o traballo feito.
    Comparando a horta do ROU coa do meu colexio, esta está mellor preparada. Gustame moito.

    ResponderEliminar
  6. Encántame ir á horta todos os venres, cando arrincamos, en grupos ou en parellas, as malas herbas pásoo xenial.
    É moi divertido traballar cos meus compañeiros na horta ao aire libre, os cultivos de primavera vanme encantar.
    Estou desexando plantar os allos.
    No meu antigo colexio, o Frian-Teis, tiñamos unha horta pouco máis grande ca a do ROU, pero traballar cos meus compañeiros nela é igual de divertido.
    Aroa García Puga. 1 ESO-A.

    ResponderEliminar
  7. A min gústame moito a horta,é unha actividade moi divertida e interesante.Gustaríame que plantásemos máis a miúdo algunhas plantas como por exemplo:patacas,allos,etc.
    Unha das actividades que que facemos,aínda que a algúns non lles guste,a min encántame traballar con palés,sobretodo si é en grupo.Eu por agora,non teño unha actividade que non gústame,encántame todas!
    Gustaríame regar algunha vez as plantas,que nunca o fixen,e recollelas máis de vez en cuando.É unha actividade moi divertida e educativa.No meu anterior colexio fixemos unha horta,pero non se compara con esta.

    Desireé 1ºA

    ResponderEliminar
  8. a min gústame a horta porque é unha hora onde non estamos tan estresados e o contacto coa natureza é moi agradable; o que menos me gusta é que a profe é moi roñona e me berra moito, é que non ubícome na horta. pero gustaríame ubicarme, e ir maís.

    ResponderEliminar
  9. Ir á horta é divertido porque podemos cultivar alimentos como o tomate,o pemento,a escarola...Pero tamén plantas como a lavanda,a menta,o romeu...E aprendemos cousas interesantes que non sabíamos.
    Na miña antiga escola tíñamos horta e os nenos e nenas traballaban nela,e era moi divertido.
    E aquí podemos cultivar(aínda que aínda non o fixemos),escarvar,poñer palés e demáis.
    Xiana 1ºA

    ResponderEliminar
  10. A min gústame moito a horta porque e a forma de que nenos que non teñen avós que necesiten axuda no campo, poidan traballar na horta pero hai algunhas cousas que deberían mellorar como por exemplo os bidóns do compost que están oxidados e cando os levamos dun lado a outro caese todo.

    ResponderEliminar
  11. Toda horta é bonita pero a nosa é mi favorita.
    A horta está moi guai pero como todo ten os seus pros e os seus contras.Gústame moito porque hai moito verde,,estamos todos xuntos e tamén estamos ao aire libre.O que non me gusta é só temos 1 hora e entre pitos e frautas acabamos con 40 minutos e danos moi pouco tempo para facer as cousas.

    lucía v.d

    ResponderEliminar
  12. A min gústame a actividade da horta, xa que ensina a plantar e coidar todo tipo de plantas, ademais tamén ensina a preparar unha horta limpándoa e quitando herbas innecesarios e molestas para o crecemento das plantas e árbores. Eu cambiaría o material en mal estado, como por exemplo un dos bidóns para o compost que esta oxidado e coas tapas rotas

    ResponderEliminar
  13. A horta nos primeiros días que fomos, non me pareceu moi bonita, pero agora está moi coidada e alegre. A min persoalmente gústame moito. É divertido traballar na horta e é unha cousa que non todos os institutos o teñen; gustaríame plantar máis, xa que a min sempre me toca limpar. Pero a verdade é que está ben traballar unha hora ao aire libre.

    Sabela 1ºESO A

    ResponderEliminar
  14. Eu creo que ir a horta é moi divertido e educativo, porque aprendes moitas cousas como os nomes de cultivos, produtos procedentes de America .Tamén aprendes galego e vocabulario sobre as ferramentas da horta.Eu non cambiaría nada, porque a horta ten todo o que necesita unha horta para poder cultivar e aprender moito.Cada un ten o seu grupiño e cada venres facemos unha cousa deferente.pero eu poñería un pouco mais de tempo porque nunha hora non che dá tempo a facer moitas cousas.
    Laura 1ºA

    ResponderEliminar
  15. O que máis me gusta é plantar e regar plantas.
    O que non me gusta é ter que sacar as plantas bravas, e a composteira non me gusta porque h ten arañas.
    Non me gusta pisar a terra mollada.
    O que me gusta é estar cos meus compañeiros xogando mentres facemos as cousas.

    No meu antigo colexio tiñamos horta pero nós non faciamos case nada, aquí nos facemos as cousas para poñer as plantas e alí non as faciamos nos.

    ResponderEliminar
  16. Eu ao principio pensaba que a horta non me ía gustar, pero gústame moito, porque estivemos a quitar as herbas bravas e tamén a plantar.
    Plantamos: Allos, ravos, escarola, cebola, cenorias...
    Tamén estivemos a montar a composteira.
    Ao principio fixémonos un lío pero lográmola montar.
    Tamén me gusta porque nesa hora pasámola moi ben.
    Pensaba que non me ía gustar por que no colexio anterior (Ceip Frian Teis)todo o facían os profesores.
    O ultimo día a profesora explicounos unhas ferramenta pa que se usan e como se chaman.

    ResponderEliminar
  17. O que máis me gusta e plantar, regar, remexer a terra é tamén encher a composteira por parellas. O que menos me gusta é cando vai chuvia porque non podemos ir traballar nela. No meu anterior cole FRIAN TEIS tamén tiñamos unha horta a diferenza é que nesta imos máis a miúdo a coidala. E por último tamén teño moitas ganas de plantar hortalizas de primavera. Fabiola

    ResponderEliminar
  18. A horta é a única clase na que estamos ao aire libre todos xuntos e pasámolo ben.Aprendemos unha more de cousas sobre a terra e os usos das plantas e raíces;o malo é a calor que vai ai veces

    Uxia Sotelino 1ºa

    ResponderEliminar
  19. Ola!
    Chámome Shalma,estou en 1°A de eso,eo que máis mè gusta da horta è encher a composteira. Gústame traballar cos meus compañeiros;eu veño do García Barbón e nós tiñamos unha horta e iamos unha vez ao mes só a plantar pero aquí traballamos nós:preparamos a terra,regamos e limpamos o terreo.pero o que non me gusta é cando está chovendo,que nón podemos ir.

    ResponderEliminar
  20. Gústame ir á horta porque traballamos xuntos e plantamos. Tamén fun á horta no menu colexio. Era in pouco máis pequena can do instito. A min gústame plantar, regar limpar as malas herbas. A min non me gustan as silvas porque pinchan. E gústame traballar cos meus compañeiros.

    ResponderEliminar
  21. A min gústame moito a horta porque é un lugar marabilloso.
    O que máis me gusta da horta é plantar e ver como medran as plantas e traballar cos sachos.
    A horta é un lugar xenial.

    ResponderEliminar
  22. 01011000 01101111 01100001 01101110 00100000 01001100 01100001 01101101 01101111 01110010 011000016 de maio de 2018, 23:54

    A horta gústame, pero, por desgraza, non puiden ir todos os días. O que máis me gusta é plantar, o que sexa, en cambio, o que menos me gusta é limpar arredor das árbores. Non cambiaría absolutamente nada; ao contrario, o que non cambiaría sería a hora da horta, porque coincídenos con educación física (non a tod@s), e é moito mais comodo ir da saida da horta ao ximnasio directamente.

    ResponderEliminar

veña, dálle!