luns, 23 de maio de 2016

Un ano en espiral

Este porro ten case un ano, é xigantesco. A bóla superior é a flor, deixaremos que complete o seu ciclo e gardaremos as sementes

case no cumio da espiral prenderon as zinias e en primeiro plano o xeranio chantado a carón das pedras empeza a florecer

a menta empeza a saír por entre as grechas do murete todo arredor

as caléndulas están orientadas cara o dol do mediodía e moi ben defendidas por unha mata de hortelán, esa menta brava con  pelusa que medra espontánea en todos os recunchos da horta 

a xarxa prendeu en todos lados onde plantamos estaquiñas da vella xarxa de hai tres anos; situada na parte máis baixa da espiral, está vizosa e ben mantida. En outono podarémola para evitar que se propague por todo o montiño





no cumio, ben rodeado de pedras, está o tormentelo ou tomiño, levámolo para aí arriba a finais do inverno, prendeu moi ben e xa floreceu. Esta mata vai pola segunda floración.

estes que asoman timidamente debaixo das follas da lila son morodos, trouxemos exemplares dos que había a rentes do muro onde se fixeron os socalcos

preciosa mata de néboda, esa menta de folla pequeniña que se usa para cocer as castañas, medra espontánea en moitos recuchos dos camiños e aquí ben se ve que lle encanta estar



matiña de lavanda; o ano pasado prenderon tres pés debaixo da maceira, Un deles veu para a espiral e xa prendeu de novo. Exposta ao sol do mediodía ata o poñente, non tardarán en florecer. 

os muretes feitos amoreando pedras

tomateiras e cebolas nun socalco cuberto con herba seca




lavanda en flor debaixo da maceira










aguacateiro. Alguen trouxo a finais do2014 unha pepa de aguacate xermolada, puxémola con terra nunha garrafa de plástico e medrou. A mediados do 2015 puxémolo nun recipiente máis grande e coidámolo moito. Disfrutou máis dun ano da luz e da calidez do obradoiro de reciclaxe. A principios de primavera deste 2016 trouxémolo para a horta. Xa prendeu na terra firme, botou moitas follas novas e un atisbo de flor. 

sábado, 21 de maio de 2016

MAIO 2016


                                        Aí vai o maio!












A árbore de Nadal encheuse de flores quiméricas e foi pouco a pouco converténdose nun maio de material reciclado