O socalco de bloques está a rebentar de formas e cores. Un auténtico cadro vivo. Xa abriron os lirios ou flores de lis. Paga a pena acercarse e ollar os pétalos cunha lupa, hai unha explosión cromática única. Esta é unha variedade de xardín, da familia das iridiáceas, que poder florecer na gama das azuis, lilas, brancas ou amarelas.

Tamén plantamos bulbos nun dos xardíns interiores ao que se accede polo obradoiro, e estes tamén floreceron no medio do prado.
A combinación cromática lila+amarela era moi estimada por Van Gogh,
posiblemente reparou nela observando os manchos de lirios azuis e
morados nos xardíns campesiños da Provenza.

http://es.wikipedia.org/wiki/Lirios_(Van_Gogh)
E aquí deixamos un deseño baseado na flor de lis que foi moi utilizado na heráldica europea, sobre todo na francesa. Non é fermoso?
