xoves, 21 de febreiro de 2013
Património da Galiza e da Humanidade (Petróglifos)
Enlace a unha introdución ao mundo primitivo galaico: O legado celta galaico TVE2
Enlace á información sobre petroglifos na wikipedia
Enlace sobre arte rupestre no mundo
Enlace ao petroglifos galaicos na wikipedia en galego
martes, 18 de decembro de 2012
Xornadas contra a violencia de xénero
No mes de novembro celebramos no Uruguai as xornadas contra a violencia de xénero. Elaboráronse cartaces-colaxes, víronse traballos audiovisuais co tema e acudimos á cita nas rúas xunto con outros centros para evidenciar unha vez máis a cuestión da violencia que , subtil ou abertamente, a sociedade con patróns mentais e de comportamento machistas aínda exerce sobre a muller. Poderiamos dicir que tamén da muller contra o home, pero, por desgraza, as cifras falan soas.
O vídeo está colgado en youtube e na páxina Web do Uruguai
xoves, 28 de xuño de 2012
teatro para desafogar
versión en vídeo do guión teatral: O afundimento do Chichanik
Esta entrada temos vontade de adicarlla a todo o alumnado que se sente atraído pola representación teatral en calquera das súas formas. Como di a canción a vida é puro teatro e non hai motivo ningún para non disfrutalo en todo o seu potencial. Os de 1º da eso inventaron uns pequenos guións a partir dos cales se foi deseñando a posta en escena: escenario, decorados, vestiario, perruquería, maquillaxe, sons, expresión corporal, etc. No vídeo recóllese só un destes diálagos representados con fondo de pantalla na biblioteca. Hai aínda outros tres máis que non deu tempo converter en fotogramas; deles destaca O gran concurso, que vai con baile sincronizado, música de agora, diálogos na máis pura ironía galaica e atrezzo de rachar coa pana, queda en espera para o curso que vén.
Dou fé que os máis pequenos se apuntan ao que faga falta e están dispostos a experimentar con todos os medios ao seu alcance. Este ano fixeron alén de guións teatrais, poesía automática, coplas, regueifas, retratos fantásticos, menús espaciais, e todo tipo de inventos lingüísticos, amosando así unha gran versatilidade compositora. Queremos felicitalos a todos pola súa magnífica colaboración e desexarlles moitas aventuras intrépidas cando se aventuren no territorio encantado do noso idioma.
mércores, 27 de xuño de 2012
O suso
Adaptación audiovisual dun par de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín nun único guión cinematográfico.
Ou como a literatura e o cine van da man pois a primeira crea imaxes que temos que imaxinar e o segundo necesita historias para contar.
mércores, 16 de maio de 2012
martes, 24 de abril de 2012
RECREANDO NO ROU
CONCURSO
DE CREACIÓN LETRAS GALEGAS 2012
PARTICIPANTES: Todo o alumnado do República
Oriental do Uruguai que estea interesado, en calquera das seguintes categorías:
Categoría A:
1º,2º, 3º da E.S.O.
Categoría B:
4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato
MODALIDADES:
1.
POESÍA:Extensión máxima de 60 versos.
2.
RELATO CURTO:Extensión máxima de 4 folios por
unha cara
3.
CÓMIC: 5 folios
4.
CARTEIS: un cartel por concursante
5.
VÍDEO: Un traballo por concursante ou grupo.
Vede o folleto anexo.
6.
REGUEIFA: Unha regueifada por grupo, Vede o
folleto anexo.
7.
RAP: Un traballo por concursante ou grupo.
Vede o folleto anexo.
TRABALLOS: Os traballos serán orixinais e
inéditos, en lingua galega. Cada concursante ou grupo de concursantes poderá
participar só cun traballo por modalidade.
TEMA
E FORMATO libres. Os traballos asinaranse
cun pseudónimo. Nun sobre pequeno incluiranse os datos do concursante: nome,
apelidos, curso; nun sobre máis grande
meterase o traballo e o sobre cos datos do participante, no exterior do sobre
grande poñerase o pseudónimo con que se asinou o traballo, así como a categoría
e modalidade en que participa.
PRAZO: Poderanse entregar antes do 11 de maio a calquera profesora/or do
departamento de Lingua galega. Non se admitirán traballos entregados fóra deste
prazo.
PREMIOS: Un único premio por modalidade:
Categoría A 20€,
categoría B 30€
XURADO: Profesorado e persoal non docente.
O fallo darase a coñecer na festa das Letras Galegas, no salón de actos do
instituto, o 16 de maio a partir das 12:30
O XURADO PODERÁ
DETERMINAR DESERTO OS PREMIOS SE CONSIDERA QUE OS TRABALLOS PRESENTADOS NON
ACADAN A CALIDADE DESEXADA
A participación no concurso presupón a aceptación destas
bases.
Vigo, marzo do 2012. Departamento de galego.
ANEXO ÁS BASES DO CONCURSO DE CREACIÓN 2012
VIDEO: Formato AVI. Unha vez que tes montado o vídeo tes que editalo e cando o edites, escolles o formato; Procura que sexa pequeno e coa máxima calidade.
Duración máxima: 5' minutos
Tema libre
Lingua vehicular galego
Remitir por e-mail a tirarrollas@gmail.com
REGUEIFAS E RAP:
Calquera dúbida será solucionada polo profesorado de lingua.
Tamén podes consultar estas base en:
galeguai.blogspot.com
ANEXO ÁS BASES DO CONCURSO DE CREACIÓN 2012
VIDEO: Formato AVI. Unha vez que tes montado o vídeo tes que editalo e cando o edites, escolles o formato; Procura que sexa pequeno e coa máxima calidade.
Duración máxima: 5' minutos
Tema libre
Lingua vehicular galego
Remitir por e-mail a tirarrollas@gmail.com
REGUEIFAS E RAP:
- Grupos como mínimo de 2 persoas
- Presentaranse por escrito, seguindo as normas da convocatoria.
- Regueifas: extensión mínima 5 intervencións por regueifeiro-a
- Rap: extensión mínima i folio por unha cara
Calquera dúbida será solucionada polo profesorado de lingua.
Tamén podes consultar estas base en:
galeguai.blogspot.com
martes, 17 de abril de 2012
Feijoo, o galego e nós
Interesantísimas citas textuais que a intelectualidade española foi verquendo ao longo da historia sobre a diversidade lingüística na Península; naturalmente, todas elas sen baseamento ningún máis que que a xenofobia e o odio a todo o que é diferente. A través deste vídeo podemos enlazar en youtube cunha serie que dá conta dunha mesa redonda efectuada na Coruña con motivo da presentación do libro Feijoo, o galego e nós, en xuño do 2010.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)