O pasado venres, 28 de outubro, os de 1º da ESO visitamos as monumentos funerarios máis vellas do país: as mámoas.
No roteiro dende Candeán ata o Vixiador demos cunha dúcea de mámoas, a maioría aínda están soterradas e só puidemos ver o túmulo que forman. Nun par de casos son visibles os bicos das pedras , E SÓ A PRIMEIRA DO PERCORRIDO SE PODE VER DESENTERRADA NA SÚA TOTALIDADE .
O máis chamativo do percorrido é o cemiterio privado que se ergue no medio do monte e que converte a metáfora literaria de Celso Emilio Ferreiro nunha realidade que supera toda ficción. Os propietarios do cemiterio son tamén donos dos terreos que circundan a "urbanización", neles hai catro mámoas de acceso prohibido que están en serio perigo de caeren no esquecemento e na desaparición por desmontaxe.
SALVEMOS AS MÁMOAS DE CANDEÁN!
Alén das mámoas, tivemos o privilexio de andar sobre un chan alfombrado de crocus, unha especie de azafrán salvaxe que florece coa chegada do outono. Incluiremos esta especie nas nosas pesquisas hortícolas e tentaremos conseguir bulbos cultivados para a horta.
Deixamos imaxes da saída