venres, 23 de maio de 2014

Visita á Granxa-escola de Ponteareas


mapoulas de California


nun invernadoiro cheo de caléndulas





ceboliño para a sementeira

 fermosos exemplares de estevia, a doce revolución



Co alumnado de 1º da ESO e algúns alumnos de PT, todos eses colaboradores co grupo da horta escolar, visitamos esta mañá a Granxa-escola de Ponteareas. Recibíronnos uns prados de mapoulas douradas , un par de fermosos exemplares de coníferas e unha monitora, profesora da escola, que nos atendeu marabillosamente amosándonos todas as dependencias, hortas e xardíns. Quedamos abraiados co traballo que están a realizar neste centro educativo público, pioneiro en moitas das súas investigacións. Moi lonxe dos monocultivos industriais que necesitan química masiva para sobrevivir, na granxa-escola apréndese a cultivar e manter os cultivos de maneira ecolóxica, con abonos orgánicos e métodos biolóxicos para previr e combater as pragas. Tiramos moitas ideas para a nosa horta, por exemplo, protexer os cultivos con plantas aromáticas  e plantación diseminada de allos. Tamén aprendemos que calquera planta aromática ou comestible que se críe onde hai allos, incrementa o seu sabor. Vimos as viñas cultivadas con diferentes técnicas para mellor aproveitamento do sol. As quiwieiras, seriamente ameazadas por unha praga que se extende xa a nivel mundial. O aproveitamento de todos os residuos orgánicos, tanto das podas como do comedor do centro. E uns deseños moi chulos para xardín, feitos polos alumnos, dende o proxecto en papel ata a súa materialización sobre o terreo. A última hora, estivemos no obradoiro de mecánica, onde o alumnado aprende o funcionamento e reparación de toda a maquinaria que se usa na horta, tanto en invernadoiros como en exteriores. Ah! tamén comemos morodos apañados directamente  das plantas e recén lavados pola chuvia. Unha gozada!




mércores, 21 de maio de 2014

vento en popa a toda vela na horta do Uruguai


Estas chuvias de maio levaron a nosa horta a unha nova dimensión. Onde non había máis que vexetación ventureira conseguimos que agromasen as leitugas, as cebolas, os allos, as cabazas, os chícharos, algunha pataquiña, polo menos un xirasol, uns pés de millo, unhas poucas tomateiras e un ramallo de plantas aromáticas como o romeu, a xarxa, a menta, o tormentelo, morodos, caléndulas  e......lirios, lirios orientais. Tamén prenderon fresias e xeranios, así que o que en principio ía ser horta estase convertendo nunha horta-xardín con ánimos declarados de continuidade. Todo o alumnado participante está encantado coa actividade. Carrexamos madeira de podas descontroladas para facer divisións provisionais dos cultivos. Coa axuda de Carmen, a profe de plástica, fixemos cadrantes por grupos. Aproveitamos a herba segada para facer abono, mesturada con algas das praias de Teis . Cavamos, sachamos, achandamos, plantamos, regamos e os froitos non se fixeron esperar. Xa empezamos a levar leitugas para comer. As tomateiras están en flor e xa empezan a verse os tomatiños, en maio!. Os lirios rebentaron en todo o seu esplendor e as fresias despiden das súas humildes flores un arrecendo delicado e moi peculiar. Agroman por todos lados ideas de novas plantacións no terreo que aínda está sen traballar,. Para o ano queremos plantar froiteiras e montar unha viña, E unha quiwieira! Así que hai que empezar a estudar o lugar máis adecuado para cada especie. Con este terreo e este clima calquera idea estamos seguros que terá viabilidade. Do proceso fomos tirando fotos 








operación Maceira, trazamos un circo arredor




cubrimos o suco coas pedras da primeira cavada



mentres, nos cadrantes por grupos, sementamos as cabazas



as leitugas



e os chícharos e ceboliños

 En abril a maceira rebentou en flor


Fixemos unha microfesta laboral para celebralo


 e non tardaron en vir o resto das flores


o lirio oriental do Uruguai


as fresias


cabazas


leitugas


cebolas


chícharos- cab azas


o xardín


a horta vista dende a 2ª planta



luns, 10 de febreiro de 2014

curso 2013-14: UNHA CHEA DE PROXECTOS


 
PROXECTO HORTA ESCOLAR: 1ª FASE
A SEMENTEIRA










 PROXECTO OBRADOIRO DE RECICLAXE

CESTERÍA TRADICIONAL EN PAPEL DE XORNAL

 MÁSCARAS DE ANTROIDO CON PAPEL MACHÉ

OBRADOIRO DE TINXIDURAS NATURAIS

CORDELERÍA CELTA E CORDELERÍA ORIENTAL

BÓLAS MALABARES

XOGAMOS AOS PELOUROS

 







 PROXECTO OBRADOIRO PERMANENTE DE TEATRO








POSTA EN MARCHA DO GRUPO

PREPARACIÓN DA OBRA:  As mulleres de area







luns, 13 de maio de 2013

Traballos presentados na modalidade de VIDEOPOEMAS


Longa noite de pedra










Negra sombra 1









Maxicamente vello

                                       





Longa noite de pedra (recitado a capella)

                                    







Dobres parellas

                                      





Negra sombra 2





Os Pinos


Que din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?

Que din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?

Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.

Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais só os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.

Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.




martes, 9 de abril de 2013

CONCURSO DE CREACIÓN LETRAS GALEGAS 2013





CONCURSO DE CREACIÓN LETRAS GALEGAS 2013

PARTICIPANTES: Todo o alumnado do República Oriental do Uruguai que estea interesado, en calquera das seguintes categorías:

          Categoría A: 1º,2º, 3º da E.S.O.

          Categoría B: 4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato

MODALIDADES:

1.     POESÍA: Extensión máxima de 60 versos.

2.     RELATO CURTO: Extensión máxima de 4 folios por unha cara

5.     VÍDEO: Un traballo por concursante ou grupo. Vede o folleto anexo.

7.     RAP: Un traballo por concursante ou grupo. Vede o folleto anexo.

TRABALLOS: Os traballos serán orixinais e inéditos, en lingua galega. Cada concursante ou grupo de concursantes poderá participar só cun traballo por modalidade.

TEMA E FORMATO libres. Os traballos asinaranse cun pseudónimo. Nun sobre pequeno incluiranse os datos do concursante: nome, apelidos, curso; nun sobre máis  grande meterase o traballo e o sobre cos datos do participante, no exterior do sobre grande poñerase o pseudónimo con que se asinou o traballo, así como a categoría e modalidade en que participa.

PRAZO: Poderanse entregar antes do 8 de maio a calquera profesora/or do departamento de Lingua galega. Non se admitirán traballos entregados fóra deste prazo.

PREMIOS: Un único premio por modalidade:
 Categoría A 20€
 Categoría B 30€


XURADO: Profesorado e persoal non docente. O fallo darase a coñecer na festa das Letras Galegas, no salón de actos do instituto, o 16 de maio a partir das 12:30

O XURADO PODERÁ DETERMINAR DESERTO OS PREMIOS SE CONSIDERA QUE OS TRABALLOS PRESENTADOS NON ACADAN A CALIDADE DESEXADA

A participación no concurso presupón a aceptación destas bases.

Vigo, abril do 2013. 

Departamento de galego.


ANEXO ÁS BASES DO CONCURSO DE CREACIÓN 2012

VIDEO: Formato AVI. Unha vez que tes montado o vídeo tes que editalo e cando o edites, escolles o formato; Procura que sexa pequeno e coa máxima calidade. 
                    Duración máxima: 5' minutos
                    Tema libre
                    Lingua vehicular galego
                    Remitir por e-mail a tirarrollas@gmail.com

RAP: 

Grupos como máximo de 4 persoas
Presentaranse por escrito, seguindo as normas da convocatoria.
Extensión mínima 1 folio por unha cara

Calquera dúbida será solucionada polo profesorado de lingua. 
Tamén podes consultar estas base en:
galeguai.blogspot.com