martes, 9 de abril de 2013
CONCURSO DE CREACIÓN LETRAS GALEGAS 2013
CONCURSO DE CREACIÓN LETRAS GALEGAS 2013
PARTICIPANTES: Todo o alumnado do República Oriental do Uruguai que estea interesado, en calquera das seguintes categorías:
Categoría A: 1º,2º, 3º da E.S.O.
Categoría B: 4º da E.S.O., 1º e 2º de Bacharelato
MODALIDADES:
1. POESÍA: Extensión máxima de 60 versos.
2. RELATO CURTO: Extensión máxima de 4 folios por unha cara
5. VÍDEO: Un traballo por concursante ou grupo. Vede o folleto anexo.
7. RAP: Un traballo por concursante ou grupo. Vede o folleto anexo.
TRABALLOS: Os traballos serán orixinais e inéditos, en lingua galega. Cada concursante ou grupo de concursantes poderá participar só cun traballo por modalidade.
TEMA E FORMATO libres. Os traballos asinaranse cun pseudónimo. Nun sobre pequeno incluiranse os datos do concursante: nome, apelidos, curso; nun sobre máis grande meterase o traballo e o sobre cos datos do participante, no exterior do sobre grande poñerase o pseudónimo con que se asinou o traballo, así como a categoría e modalidade en que participa.
PRAZO: Poderanse entregar antes do 8 de maio a calquera profesora/or do departamento de Lingua galega. Non se admitirán traballos entregados fóra deste prazo.
PREMIOS: Un único premio por modalidade:
Categoría A 20€
Categoría B 30€
XURADO: Profesorado e persoal non docente. O fallo darase a coñecer na festa das Letras Galegas, no salón de actos do instituto, o 16 de maio a partir das 12:30
O XURADO PODERÁ DETERMINAR DESERTO OS PREMIOS SE CONSIDERA QUE OS TRABALLOS PRESENTADOS NON ACADAN A CALIDADE DESEXADA
A participación no concurso presupón a aceptación destas bases.
Vigo, abril do 2013.
Departamento de galego.
ANEXO ÁS BASES DO CONCURSO DE CREACIÓN 2012
VIDEO: Formato AVI. Unha vez que tes montado o vídeo tes que editalo e cando o edites, escolles o formato; Procura que sexa pequeno e coa máxima calidade.
Duración máxima: 5' minutos
Tema libre
Lingua vehicular galego
Remitir por e-mail a tirarrollas@gmail.com
RAP:
Grupos como máximo de 4 persoas
Presentaranse por escrito, seguindo as normas da convocatoria.
Extensión mínima 1 folio por unha cara
Calquera dúbida será solucionada polo profesorado de lingua.
Tamén podes consultar estas base en:
galeguai.blogspot.com
xoves, 7 de marzo de 2013
xoves, 21 de febreiro de 2013
Património da Galiza e da Humanidade (Petróglifos)
Enlace a unha introdución ao mundo primitivo galaico: O legado celta galaico TVE2
Enlace á información sobre petroglifos na wikipedia
Enlace sobre arte rupestre no mundo
Enlace ao petroglifos galaicos na wikipedia en galego
martes, 18 de decembro de 2012
Xornadas contra a violencia de xénero
No mes de novembro celebramos no Uruguai as xornadas contra a violencia de xénero. Elaboráronse cartaces-colaxes, víronse traballos audiovisuais co tema e acudimos á cita nas rúas xunto con outros centros para evidenciar unha vez máis a cuestión da violencia que , subtil ou abertamente, a sociedade con patróns mentais e de comportamento machistas aínda exerce sobre a muller. Poderiamos dicir que tamén da muller contra o home, pero, por desgraza, as cifras falan soas.
O vídeo está colgado en youtube e na páxina Web do Uruguai
xoves, 28 de xuño de 2012
teatro para desafogar
versión en vídeo do guión teatral: O afundimento do Chichanik
Esta entrada temos vontade de adicarlla a todo o alumnado que se sente atraído pola representación teatral en calquera das súas formas. Como di a canción a vida é puro teatro e non hai motivo ningún para non disfrutalo en todo o seu potencial. Os de 1º da eso inventaron uns pequenos guións a partir dos cales se foi deseñando a posta en escena: escenario, decorados, vestiario, perruquería, maquillaxe, sons, expresión corporal, etc. No vídeo recóllese só un destes diálagos representados con fondo de pantalla na biblioteca. Hai aínda outros tres máis que non deu tempo converter en fotogramas; deles destaca O gran concurso, que vai con baile sincronizado, música de agora, diálogos na máis pura ironía galaica e atrezzo de rachar coa pana, queda en espera para o curso que vén.
Dou fé que os máis pequenos se apuntan ao que faga falta e están dispostos a experimentar con todos os medios ao seu alcance. Este ano fixeron alén de guións teatrais, poesía automática, coplas, regueifas, retratos fantásticos, menús espaciais, e todo tipo de inventos lingüísticos, amosando así unha gran versatilidade compositora. Queremos felicitalos a todos pola súa magnífica colaboración e desexarlles moitas aventuras intrépidas cando se aventuren no territorio encantado do noso idioma.
mércores, 27 de xuño de 2012
O suso
Adaptación audiovisual dun par de relatos de Xosé Luís Méndez Ferrín nun único guión cinematográfico.
Ou como a literatura e o cine van da man pois a primeira crea imaxes que temos que imaxinar e o segundo necesita historias para contar.
mércores, 16 de maio de 2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
